II Festa Bonita de Sande
A Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande organiza para o vindeiro sábado, día 19 de xullo, unha festa de verán moi especial: a II Festa Bonita, un evento pensado para agradecer a fidelidade dos socios -pero aberto a todos aqueles que así o desexen- que fan posible que a asociación poida levar a cabo a súa actividade, non só coa súa colaboración económica, senón tamén polo seu apoio a través da participación en cada proposta, así como os azos para seguir facendo cousas para activar a vida no rural deste pequeno recuncho do Concello de Cartelle.
Durante a xornada haberá monitores que comezarán desde ás 18:00 horas con xogos e probas para nenos e maiores, haberá un inchable no que a cativada o pasará en grande e touro mecánico para todos aqueles que desexen probar equilibrio. Para repor forzas, ofrecerase unha cea de picoteo.
Estas actividades, así como a cea, terá un prezo simbólico de 3 euros para os socios, e, para aqueles que non sexan socios e desexen participar, será de 12 euros os adultos e 8 euros os menores de 9 anos.

Documental sobre o Entroido de Sande
Tras a cea terá lugar a proxección dun documental sobre o Entroido de Sande feito por Lembrame.gal que recolle as diferentes xornadas do noso Entroido, así como entrevistas feitas ao longo do ano. Unha cite imperdible na que a asociación agarda que se sume canta máis xente, mellor.
Como fin de festa teremos sesión de Dj a partires das 23,30 horas aberta a todo aquel que queira pasar unha noite ao grande con boa música e baile ao aire libre.
Sorteo das rifas
Durante a noite tamén se fará o sorteo das rifas. Con cada papeleta, optarase a un premio de 60 euros, así como diferentes lotes sorpresa entre os que se atopan almorzos en algúns dos lugares de hostelería do concello de Cartelle.
Haberá servizo de bar, así como punto de venta de merchandising.

