Ourense Cidade

Eladio Santos destaca “o esforzo inversor” do Goberno para facer de Ourense “unha cidade máis amable"

O subdelegado celebra que o Goberno inviste na transformación da mobilidade da cidade de Ourense máis de 4,2 millóns de euros.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Eladio Santos destaca “o esforzo inversor” do Goberno para facer de Ourense “unha cidade máis amable"
Eladio Santos destaca “o esforzo inversor” do Goberno para facer de Ourense “unha cidade máis amable" | Subdelegación del gobierno

O subdelegado cifrou en máis de 4,2 millóns de euros os fondos invertidos polo Executivo central en Ourense no programa de axudas a municipios para as zonas de baixas emisións. En concreto, concedéronse cinco axudas: humanización da rúa Alejandro Pedrosa e Avenida de Portugal (2.217.866,71 euros), a implantación de unha Zona de Baixas Emisións (ZBE) (738.867,65 euros), o aparcamento disuasorio no Parque Coto de Canedo (549.727,64), mobilidade vertical para salvar diferencias de nivel entre distintos puntos da cidade (426.302,20 euros) e a implantación dun Sistema de Bicicleta Eléctrica Pública en Ourense (279.286,91 euros).

proxectos de envergadura

Neste sentido, Eladio Santos resaltou que “o Goberno de España ten claro que debe investir cando hai un proxecto importante para a mellora da mobilidade na cidade de Ourense”. Por iso, sempre apoia “os proxectos de envergadura”, como a estación de tren, a chegada da alta velocidade, a mellora das comunicacións por estrada, inversións no Museo Arqueolóxico e na estación de San Francisco.

Eladio Santos destaca “o esforzo inversor” do Goberno para facer de Ourense “unha cidade máis amable"
Eladio Santos destaca “o esforzo inversor” do Goberno para facer de Ourense “unha cidade máis amable" | Subdelegación do goberno

Non obstante, o subdelegado asegurou que bota de menos inversións reais da Xunta de Galicia na cidade, “inversións transformadoras como as que está a facer o Goberno de España”. Ademais, agradeceu ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a invitación ao acto dunha actuación cofinanciada, “algo que debería ser o habitual e que non ocorre coa Xunta, que agocha a procedencia dos fondos do Goberno e non convida aos representantes estatais ás convocatorias”. “Lamento que o Executivo galego descoñeza á lealdade institucional”, concluíu.