Deputación de Ourense

Os diputados do Psoe reclaman en Madrid un "reparto xusto e equitativo" dos fondos da Deputación

Desde a secretaría xeral de Financiación Autonómica e Local do Ministerio de Facenda trasladaron aos nove cargos públicos a súa “preocupación” polo que está a suceder na deputación.

Óscar Gómez

Ourense | 16.11.2021 08:05

Os diputados do Psoe reclaman en Madrid un "reparto xusto e equitativo" dos fondos da Deputación
Os diputados do Psoe reclaman en Madrid un "reparto xusto e equitativo" dos fondos da Deputación | onda cero

Os nove deputados e deputadas ourensáns que ao longo dos últimos días peregrinaron a pé ata Madrid en quendas durante as 24 horas do día, mantiveron hoxe encontros con representantes de institucións estatais, co fin de trasladarlles a necesidade de impulsar un “reparto xusto e equitativo” dos fondos públicos da Deputación de Ourense entre todas as entidades locais da provincia.

Os deputados e deputadas mantiveron reunións co secretario de estado de Política Territorial do Ministerio de Política Territorial, Alfredo González, e coa secretaria xeral de Financiación Autonómica e Local do Ministerio de Facenda, Inés Olóndriz de Moragas. Os deputados e deputadas explicaron o que, na súa opinión, é un reparto “inxusto” que “marxina” aos veciños e veciñas.

Desde a secretaría xeral de Financiación Autonómica e Local do Ministerio de Facenda trasladaron aos nove cargos públicos a súa “preocupación” polo que está a suceder na deputación, tralas explicacións ao respecto da distribución dos fondos, maioritariamente, mediante subvencións nominativas, un procedemento que, segundo a lexislación vixente debe ser excepcional.

“É un proceder que o Consello de Contas de Galicia xa puxo en dúbida e xa cualificou como irregular”, recordan os deputados e deputadas. Ao mediodía reuníronse con cargos socialistas nas Cortes Xerais. Desde a contorna do Congreso, acompañados de deputados, deputadas, senadores e senadoras, o voceiro, Rafa Villarino, explicou que buscan “dar visibilidad en todo el Estado” para que “deje de estar en el anonimato” este “modelo”. “Estamos denunciando una situación que es ya insostenible en nuestra provincia porque los alcaldes, los concejales, los diputados por supuesto y la población, están hartos de ser discriminados y relegados a un segundo lugar”, aseverou.

“El objetivo es que tuvieran conocimiento de esta situación y han mostrado su honda preocupación, una vez conocido en detalle cómo se están manejando los fondos a nivel provincial”, destacou Villarino en referencia aos encontros mantidos hoxe en dous ministerios. “Tiene que haber un funcionamiento racional y objetivo, que sea igual para todos los ciudadanos, de igual modo que es racional y objetivo los fondos que reciben las propias administraciones provinciales”, insistiu.

“Creemos que hay una manera de hacerlo y esta forma ha empezado hoy, después de este millón de pasos y tras los contactos” de hoy anunció que “en breve nos pondremos en contacto con el nuevo Defensor del Pueblo y estaremos en contacto con la FEMP para llevar a cabo todas las acciones que sean necesarias para poder modificar el rumbo de lugares como Ourense y otras diputaciones provinciales que están siendo discriminadas por el PP”.

Coa iniciativa ‘un millón de pasos por Ourense’ os deputados e deputadas, en representación dos alcaldes e alcaldesas, reclaman o amparo das institucións estatais, co fin de acabar co reparto “inxusto” dos cartos. “Actualmente nove de cada dez euros desta institución acaban en municipios gobernados polo PP a través de acordos discrecionais, unha situación anómala e única en todo o Estado”, insisten.