8M mes a mes

A Deputación adícalle abril á sororidade que une aos grupos de mulleres no rural

Na campaña deste mes, as protagonistas que ilustran este recoñecemento son as “Supermulleres” de Boborás, un grupo de 5 mulleres unidas polo ganchillo e a calceta, que elaboran manualidades que logo doan á Asociación Española Contra o Cancro.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación adícalle abril á sororidade que une aos grupos de mulleres no rural
A Deputación adícalle abril á sororidade que une aos grupos de mulleres no rural | Deputación de Ourense

Este mes de abril, coincidindo coa celebración do primeiro ano do programa, “8M, mes a mes”, a Área de Igualdade da Deputación de Ourense quere realizar un recoñecemento especial á importancia de reunión e a sororidade entre mulleres para compartir vivencias, afeccións e pasar o tempo en boa compañía. Nesta ocasións as mulleres seleccionadas para ilustrar esta iniciativa son as “Supermulleres” .

As “Supermulleres” son un grupo de cinco mulleres que se reúnen no concello de Boborás. Está composto por Leontina Vázquez, Mª Dolores González, Rosa Mª Pérez, Concepción García e Rocío Sobrado. Catro delas da parroquia de Sta. María de Xuvencos e unha de San Xulián de Antreses.

Este colectivo xurdiu a raíz de coincidir nun curso ofertado polo Concello de Boborás para as mulleres do rural, e co tempo consolidouse en reunións habituais. Nestas xuntanzas, fundamentalmente realizan diferentes manualidades (ganchillo, calceta, bonequiñas...), e todas elas son doadas á Asociación Española Contra o Cancro.