8M mes a mes

A Deputación adícalle o 8 de decembro ás mulleres que traballan no sector agrogandeiro

Baixo o lema “As pastoras da igualdade”, a homenaxeada é Elvira Pérez Vilanova nada en A Bola, como símbolo de esforzo, constancia e arraigo ao territorio onde o seu labor representa un sector fundamental para a provincia de Ourense.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación adícalle o 8 de decembro ás mulleres que traballan no sector agrogandeiro
A Deputación adícalle o 8 de decembro ás mulleres que traballan no sector agrogandeiro | Deputación de Ourense

Con este recoñecemento preténdese dar visibilidade ao papel das mulleres no ámbito agrogandeiro e subliñar a importancia de seguir apoiando a un sector que garante futuro, sustentanbilidade e cohesión social no noso rural.

A deputada de Igualdade, Teresa Barge destacou a gran importancia de manter “os rabaños nos montes, especialmente trala vaga de lumes vivida este último verán na provincia”. Por elo, o labor das gandeiras é un garante de alimento e vida no rural, pero tamén contribúe á prevención dos incendios, mantendo limpos os montes e protexendo o noso patrimonio natural”.

Así mesmo, Teresa Barge reivindicou o traballo das mulleres gandeiras como “un acto de resistencia e de amor pola terra”, afirmando que grazas a elas “os montes seguen vivos, as aldeas manteñen a súa identidade e a provincia de Ourense conserva a súa forza”. Un traballo, que como dixo a deputada, debemos poñer en valor desde as administracións porque cada unha delas representa “a loita pola igualdade e pola dignidade do noso rural”.

Elvira Pérez leva desde 1994 ao fronte dunha explotación que hoxe conta con 190 ovellas. Tal e como ela mesma relata, os inicios non foron doados, xa que levantar un negocio do sector primario desde cero require un investimento inmenso de tempo, recursos e ilusión, todo un sacrificio que poucas veces se recoñece.

Neste mesmo sentido, a homenaxeada lembra a dureza que acompaña este oficio: ir cada día ao monte con animais, erguerse de madrugada para alimentalos, non ter días libres... é unha rutina que amosa a gran esixencia deste oficio.