Ourense Provincia

O Delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional de Verín

Manuel Pardo destacou o apoio da Xunta a esta asociación coa que colabora na financiación de 17 prazas cunha achega de máis de 205.000€ anuais, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual e das súas familias.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O Delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional de Verín
O Delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional de Verín | Onda Cero

Durante a súa visita, o delegado territorial destacou o apoio da Xunta a esta asociación coa que colabora na financiación de 17 prazas cunha achega de máis de 205.000€ anuais, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual e das súas familias, así como a integración individual e a normalización da súa propia contorna.

Tamén lembrou que, a maiores do financiamento anual das prazas, a Consellería de Política Social e Igualdade, tamén colabora con esta asociación, a través das axudas do 0,7% do IRPF, a través das cales ten achegado nos últimos anos 35.759€ para a ampliación do recinto, 50.000€ para o peche da parcela e 47.700€ para a adquisición dun vehículo. Así mesmo, en 2024 reformáronse os aseos grazas a unha subvención de máis de 22.000€.

O Delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional de Verín
O Delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional de Verín | Onda Cero

Manuel Pardo explicou que este centro, que ten unha área de influencia nos concellos de Verín, Vilardevós, Cualedro, Monterrei, Laza, Oímbra, Riós e Castrelo do Val, ten como obxectivo impulsar o fomento da autonomía, da formación e da empregabilidade das persoas con discapacidade, actuando nas áreas laboral-formativa, atención psicosocial e benestar físico.

O representante do Goberno galego rematou agradecendo aos responsables do centro o seu traballo as 24 horas e os 365 días do ano polo benestar das persoas con discapacidade, e subliñou que todos os avances acadados nos últimos anos son posibles grazas ao firme compromiso das entidades sociais e do papel fundamental que xogan as familias, xa que son as primeiras defensoras dos dereitos das persoas con discapacidade.