Loita contra incendios

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento

A comisión encargada dos trámites para este cambio do servizo provicial deu luz verde a este documento, que inclúe os aspectos xurídicos vencellados á subrogación como persoal propio dos 75 bombeiros que traballan nos parques de Carballiño-Ribeiro, Xinzo de Limia, Verín e Valdeorras.

Óscar Gómez

Ourense | 10.02.2023 08:07

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento
Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento | onda cero

A comisión mixta encargada dos trámites para a implantación da xestión directa nos catro parques de bombeiros do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento, integrada por Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, deu luz verde esta mañá á memoria económica que avalía este cambio de xestión, aprobado no último pleno, do pasado 26 de xaneiro, e iniciado o 1 de febreiro.

Na memoria aprobada na reunión de hoxe tamén quedan incluídas os aspectos xurídicos vencellados á subrogación como persoal propio dos 75 bombeiros que traballan nos parques de Carballiño-Ribeiro, Xinzo de Limia, Verín e Valdeorras. Esta subrogación realizarase en base á sentencia do Tribunal Supremo 89/2022 do 1 de febreiro de 2022 de unificación de doctrina. Con esta decisión, o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamentos da cumprimento do compromiso adqurido cos bombeiros.

A memoria económica pasará agora á exposición pública e en paralelo convocarase unha mesa de negociación cos representantes sindicais. Estes serán o paso previo á aprobación definitiva do paso á xestión directa, que se realizará no pleno ordinario do mes de marzo despois de cumprimentar os pasos previos xa mencionados.