Ourense Cidade

O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense

O servicio da Policía Nacional vaise ver afectado negativamente desde o 1 de marzo se non se amplían efectivos, algo que os populares piden se non se revirte a decisión de trasladar o 091 á central da Coruña

Óscar Gómez

Ourense | 23.02.2021 08:17

O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense
O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense | La Voz de Galicia

O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense, o que provocará un incremento no tempo de resposta policial ante posibles incidencias que requiren axilidade. Por este motivo, o presidente local e coordinador municipal dos populares, Jesús Vázquez; e a voceira Flora Moure reuníronse esta mañá con membros do Sindicato Unificado de Policía e con representantes veciñais para analizar esta decisión do Goberno central.

Así, os os populares levan desde febreiro de 2020 rexistrando iniciativas no Congreso e no Senado, así como no Pleno do Concello (en marzo do ano pasado), esixindo ao Goberno central que reconsidere unha decisión “que non só non beneficia, senón que pode supñer un grave inconvinte á hora de prestar o mellor servizo policial ante situacións de emerxencia”.

“Non podemos consentir este novo desprezo ás cidades e provincias máis despoboadas nun tema tan importante como é o da seguridade cidadá. Ninguén chama por banalidades ao 091, senón que se fai ante situación serias e non é operativo que se atenda desde a central de A Coruña un tema que desde Ourense se podería respostar con maior celeridade e eficacia”, sinala o coordinador dos populares no Concello, Jesús Vázquez

O secretario xeral do SUP en Galicia e o seu homólogo en Ourense, Roberto González e Antonio Pousa, respectivamente, explican que “o tempo de resposta policial en Ourense é de 2-3 minutos. Con este cambio, ao que nos opoñemos frontalmente, ese tempo será maior, coas consecuencias que poden supoñer ante feitos delictivos que requiren urxencia. O servicio da Policía Nacional vaise ver afectado negativamente desde o 1 de marzo se non se amplían efectivos, algo que pedimos se non se revirte a decisión de trasladar o 091 á central da Coruña”