Conciliación familiar

O Concello de Ribadavia ofertar o servizo de conciliación para as vacacións de Semana Santa.

Comeza o prazo de inscrición no servizo ata o próximo xoves.

Óscar Gómez

Ourense | 24.03.2023 08:48

O Concello de Ribadavia ofertar o servizo de conciliación para as vacacións de Semana Santa.
O Concello de Ribadavia ofertar o servizo de conciliación para as vacacións de Semana Santa. | onda cero

O Concello de Ribadavia co obxecto de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante a Semana Santa 2023, organiza o “Concilia na Pascua”. Este programa tamén ten como obxectivo o desfrute durante a Semana Santa, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.

Vai dirixido ás familias con nenos e nenas de entre 3 a 14 anos. O período da actividade comprende os días: luns 3, martes 4, mércores 5 e luns 10 de abril de 2023, con horario de 9:00-14:00 horas.

O portavoz do concello e responsable da área de dereitos sociais, Brais Fidalgo, recorda que o ano pasado a demanda deste servizo aumentou moito, chegando a superar as prazas ofertadas, polo que este ano decide aumentarse ata as 40 prazas , dez máis que en 2022.

Os Prezos Públicos mantéñense os do ano pasado