Concello de ourenes

O Concello deberá abonarlle 2,3 millóns á concesionaria do servizo de autobuses

“Temos que seguir emendando a xestión de mandatos previos”, sinala o alcalde Gonzalo Jácome, que avanza que o Concello recorrerá o auto do xulgado para tentar minorar o custo para as arcas municipais.

Óscar Gómez

Ourense | 21.06.2022 08:05

O Concello revolucionará o tranporte urbano, cun autobús cada 9 minutos
O Concello revolucionará o tranporte urbano, cun autobús cada 9 minutos | onda cero

O Concello de Ourense deberá abonarlle 2,3 millóns de euros á empresa concesionaria do servizo de autobuses urbanos por costes pola prestación deste servizo municipal entre os anos 2015 e 2018. Esta indemnización é resultado dun litixio que se iniciou en 2016. A empresa, que prestaba o servizo en precario por estar xa caducado o contrato da concesión, presentou un recurso no xulgado no que reclamaba que o Concello lle abonase una compensación económica que cubrise os costes reais do servizo e un beneficio industrial do 6%. O xulgado do contencioso ditou sentenza na que lle recoñecía o dereito da empresa a recibir a dita compensación.

Agora, na fase de execución desta sentenza, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 dicta un auto, que hoxe lle foi comunicado ao Concello, no que fixa en 5.582,370,99 euros a cantidade que haberá que abonarlle á empresa por estes conceptos. Como queira que o Concello xa abonara cantidades por importe de 3.282.886,73 euros, deberá pagarle agora abonar a parte restante: 2.299.484,26 euros.

“Temos que seguir emendando ou pagando a xestión de mandatos”, manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que o Concello de Ourense recorrerá o auto do xulgado, coa vontade de intentar minorar na medida do posible o importante custo que esta resolución suporá para as arcas municipais