O prezo por viaxe para as persoas usuarias da Tarxeta Milenio de estudantes será 0,21 euros, o que supón unha bonificación do 51,16%. Pola súa banda, as persoas titulares da Tarxeta Milenio ordinaria pagarán 0,49 euros por viaxe, cun desconto do 20,96%. O resto de abonos ou títulos multiviaxe existentes non se inclúen nesta medida ao estar xa bonificados ao 100% pola Ordenanza Fiscal vixente.
Ademais, as viaxes serán gratuítas para a poboación infantil, ata os 14 anos, durante todo o ano. Poderán beneficiarse desta medida os nenos e as nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2026. Para acreditar o cumprimento desta condición e acceder á bonificación do 100%, será necesario presentar o documento nacional de identidade (DNI).

