Deporte

Comeza a campaña de abonados do COB 21/22

O abono incluirá os 13 partidos de liga que o noso equipo disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz e, en caso de disputarse xa sexa a final polo ascenso ou os playoffs, eses encontros estarán incluidos.

Unha vez máis, tódolos abonos terán un asento asignado (a pesares de que dito asentonon sairá no carné físico, quedará rexistrado na nosa base de datos) aínda que,dependendo das medidas sanitarias que en cada momento estén vixentes, é posible que dito asento reservado non poida utilizarse.

Óscar Gómez

Ourense | 17.09.2021 12:41

Comeza a campaña de abonados do COB 21/22
Comeza a campaña de abonados do COB 21/22 | onda cero

Unha vez máis, tódolos abonos terán un asento asignado (a pesares de que dito asento non sairá no carné físico, quedará rexistrado na nosa base de datos) aínda que, dependendo das medidas sanitarias que en cada momento estén vixentes, é posible que dito asento reservado non poida utilizarse, tendo que reubicar ao abonado para o encontro que corresponda e así respectar o protocolo da Xunta de Galicia. Todos osabonados da campaña pasada que reservaron o seu asento de cara a este curso, manterán o seu sitio ata o venres 1 de outubro, momento no que quedarán liberadosos asentos non renovados.

Os prezos base na Zona Xeral (grada superior) son os seguintes: 100€ o abono Senior,55 € o abono Xove (15-25 anos), 30 € o abono infantil (6-14 anos) e 10€ o abonopreinfantil (1-5 anos).

Nas Zonas de Pista (grada baixa), xa sexa en “Boulevard” ou “Río” o prezo será o seguinte: 125€ o Senior, 75€ o Xove (15-25 anos), 40€ o Infantil (6-14 anos) e 30€ o Preinfantil (1-5 anos).

Poderán, nas próximas datas, engadirse novos tipos de abonos. Sobre os prezos de cada categoría aplicaranse os seguintes descontos sobre o abonoXeral:

20% de desconto familiar: terá aplicación na adquisición do segundo carnet Senior e nos carnets dos fillos. A relación deberá ser xustificada co libro de familia, certificación de empadroamento (no caso de parellas de feito) así como o DNI de tódolos membros.

50% de desconto a maiores de 65 anos: deberán presentar o DNI no momento da compra para poder optar ao desconto.

50% de desconto a persoas con discapacidade: mostrando o documento que o acredite por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

30% de desconto a desempregados en zona asignada: ensinando o certificado acreditativo actualizado expelido polo Servizo Público de Emprego Estatal (INEM-SEPE).

50% de desconto a nais e pais de canteiráns do Club Ourense Baloncesto: deberán acreditar que son os proxenitores dalgún dos nenos e nenas das nosas categorías inferiores.

10% de desconto a peñas: deberán pasar un listado cos integrantes antes do día 24 de setembro e informar en caso de querer modificar a ubicación respecto a anos anteriores. O número mínimo de membros para poder acollerse ao descontó será de 10 persoas.

Nas zonas de Pista, tanto Boulevard como Río, só será aplicable o descontó familiar. Ademáis, os descontos non serán acumulables en ninguna zona do campo, sendo soamente aplicable un por abono. Finalmente, o abono para todos aqueles que renoven o seu asento nas zonas de Pista e debido a que o prezo é superior e, como indicamos a causa do protocolo, é posible

que dito asento non poida utilizarse tendo estes afeccionados que ser reubicados nas gradas superiores, incluirase no prezo una camiseta especial para eles que non poderá comprarse en tenda (a reservar no momento da renovación do abono).

Para permitir unha maior celeridade, a tenda oficial do Club na Rúa do Paseo Nº10 estará aberta dende o luns no horario de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 e tamén poderá realizarse o proceso nas oficinas do club (Finca Sevilla S/N, Pazo dos Deportes Paco Paz). As renovacións e novas altas de maneira online habilitaranse nas próximas datas.

Tódalas consultas poderán realizarse no teléfono 988 100 001 ou no seguinte enderezo de correo electrónico: info@clubourensebaloncesto.com.