Christian Alvarez Fernandez, ourensán residente en Madrid, revalidou a medalla de Ouro en Loita Masculina (+94 quilos), Antonio Fernández Martín acadou unha meritoria Prata en Loita Masculina (-94), mentres que Tamara Silva Cid conseguiu un dobrete: Prata en Loita Femenina. ( -7) e Bronce en Newaza (loita restrinxida ao chan, -70 quilos).
O resultado puido ser aínda mellor, xa que Guillermo Félix Arenas Jara competiu polo Bronce en Loita Masculina (-69), quedando quinto, e Anita Fernández Morais non puido defender a súa medalla en Loita Femenina (-63) por mor dunha lesión no xeonllo. . Ademais, Xerman Rodríguez Serafin obtivo o sétimo posto na categoría competitiva de Loita Masculina (-77).
A delegación galega desprazou a tres competidores máis, todos do Judo Club Coruña: Jorge Alvarez Rodriguez, Prata en Loita Masculina +94 e o Kata Duo formado por Álex Álvarez e David Pardavila, tamén subcampión de España.
Cun resultado de seis medallas, o técnico galego -o ourensán Felipe Iglesias- cumpriu dous dos obxectivos propostos: "loitar polos metais en todas as categorías e competir con garantías". A terceira será que o seleccionador nacional confíe e convoque aos galegos para os próximos compromisos internacionais.
O Jiu Jitsu é a Arte Marcial da que parten deportes olímpicos como o Judo, e divídese en tres modalidades: Loita, Ne Waza e Dúo. No primeiro hai que puntuar de tres formas diferentes: por golpeo, proxección e inmobilización no chan. No segundo, a loita está restrinxida exclusivamente ao chan. Na terceira, é o xuíz quen dicta a correcta execución das técnicas a cargo de cada equipo.