Rally de Pontevedra

Catro de catro para Senra e Vázquez no campeonato galego

Víctor Senra e David Vázquez, aos mandos do Citroën C3 WRC, foron os gañadores do Rallye de Pontevedra, cuarta cita puntuable para o Campionato Galego da especialidade.

Óscar Gómez

Ourense | 05.06.2023 08:12

Catro de catro para Senra e Vázquez no campeonato galego
Catro de catro para Senra e Vázquez no campeonato galego | onda cero

Senra e Vázquez firmaron o póquer de triunfos no certame autonómico de 2023, cun incontestable dominio durante as dúas xornadas que durou a proba, con epicentro en Sanxenxo.

O equipo do Citroën C3 WRC foi o mellor en todos os treitos realizados (nove, xa que a segunda pasada por Campolameiro foi anulada) cun crono final de 58:56.27, aventaxando finalmente ao segundo equipo clasificado, formado por Alberto Meira e Avelino Martínez en 1:17.964. Os pontevedreses fixéronse co cuarto triunfo consecutivo no Supercampionato Recalvi R5 e a Pirelli Driver Autia Top Ten A.

Completaron o podio da proba, nunha proba sobresaínte, José Lamela e José Ángel Fente, que no Skoda Fabia N5 están a confirmar a súa progresión no seu primeiro ano aos mandos dun vehículo 4x4 e lograron ademáis o triunfo na Garan N5 e a Pirelli Driver Autia Top Ten B.

Xusto a continuación, no cuarto lugar e moi preto de Lamela, Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera, no Suzuki Swift N5. Foron quintos clasificados finalmente os becados pola Federación Galega de Automobilismo, Alexis Vieitez e Cristian Álvarez, no Nissan

Micra N5.

Nos formatos promocionais do campionato galego, primeiro posto dentro da Pirelli Driver Autia Top Ten C para Raúl Martínez e Bruno Pérez, seguido de David Rivas e José Vieitez e de José Manuel Pazos e David Calvo. Na Pirelli AMF, victoria para Dani Álvarez e Adrián Vázquez. A continuación, Marcos Sanromán e Unai Conde e David Amenedo e Antía García.

Joaquín Pérez Rey e Adrián Muñiz leváronse un triunfo rotundo no Volante FGA, seguidos de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey (Primeiro na PXP23) e Roberto Suárez con Cristian García.

Por último, na segunda proba do Criterium Recalvi / Beca 24, apaixoante loita polo primeiro lugar da clasificación, que finalmente caeu do lado de Adrián Vázquez e Melissa Lorenzo (Primeiro na Beca 24), con Adrián Torreiro e Pedro Rivas no segundo

posto e Beni Porto e Ricardo Estévez, terceiro.