Atletismo

O campionato galego de marcha en pista deixa boa participación

Excelente Campionato Xunta de Galicia de Marcha en pista de inverno o disputado esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra a onde acudiron un total de 176 marchadores e marchadoras achegadas de todos os recunchos da nosa comunidade.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O campionato galego de marcha en pista deixa boa participación
O campionato galego de marcha en pista deixa boa participación | Onda Cero

Como era previsible os internacionais da Gimnástica de Pontevedra Antía Chamosa con 23:18.95 e o seu irmán Dani Chamosa con 20:58.78 proclamaronse campións galegos absolutos desta edición na que amosaron novamente ca súa presenza, o compromioso persoal que manteñen co atletismo e ca marcha galega, o que foi unanimemente recoñocido polo numeroso público achegado ata as bancadas do recinto pontevedrés.

Xunto aos gañadores, estiveron no podio a campiona de España Sub18 Icia Ares do Ourense Atletismo quen remataba en 23:56.35 ocupando o terceiro lugar unha extraordinaria Mar Chillón do Celta At. que remataba baixando dos vintecatro con 23:59.35 (MMP). En homes foi o medallista de bronce no campionato de España 2024 Nicolás Collazo do Ames At. Savante, quen aproveitaba o ritmo do gañador para rematar nuns excelentes 20:37.93 que o permiten rematar o ano no Top10 de España. O metal de bronce foi para o campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. quen marcaba un tempo oficial de 21:46.93.

No resto de categorías os gañadores foron os seguintes:

Absolutos. Antía Chamosa e Dani Chamosa (S.Gimnástica)

Sub20. Nicolás Collazo (Ames At.) e Natalia Rivas (Ría Ferrol)

Sub18. Icía Ares (Ourense At.) e Diego García (Celta At.)

Sub16. Alba Vázquez (At. Lucense) e Mateo Valcarce (ADAS CUPA)

Sub12. Deva Pallas (Beade) e Gael Seijido (At. Narón)

Sub10. Daniel Bermúdez (ADAS CUPA) e Laiene Igesias (At. Lucense)

Máster35. Carlos Morales (S.Gimnástica)

Máster50. María H. Grande (Ourense At.)

Máster45. Patricia Simón (At.Cuntis) y Juan M.Morales (Marineda At.)

Máster75. Jacinto Cea (Samertolomeu)

Compre salientar as trinta e cinco mellores marcas efectuadas ao longo do campionato polos participantes entre as cales se atopan os 36:56.23 de Jacinto Cea do Samertolameu que supoñen un novo récord galego da categoría Máster-75