Sanidade

O BNG urxe ao SERGAS a impulsar o seguimento dos casos de agresión sexual con burundanga

Noa Presas reclamou medios nos centros hospitalarios para a análise de ketamina e das substancias habituais neste tipo de agresións

Óscar Gómez

Ourense | 31.03.2022 19:32

O BNG urxe ao SERGAS a impulsar o seguimento dos casos de agresión sexual con burundanga
O BNG urxe ao SERGAS a impulsar o seguimento dos casos de agresión sexual con burundanga | onda cero

A deputada do BNG, Noa Presas demandou accións de seguimento, dende o SERGAS, dos casos de agresión sexual por intoxicación de burundanda ou outras substancias como a Ketamina e o éxtase líquida acompañando estas medidas dunha campaña de información nos centros educativos. Ademais, reclamou os medios necesarios nos centros hospitalarios para a análise das substancias utilizadas nas agresións sexuais.

Presas aserou que a utilización de substancias incoloras e insípidas empregadas para reducir a conciencia da vítima para unha agresión sexual e manifestamente “violencia machista” e a propia lei galega contra a violencia, “recolle a sexual como tal” dende o ano 2007.

A xuízo da deputada, “aínda queda moito por avanzar” para que as vítimas conten con todos os recursos, porque a pesar da aprobación do protocolo interinstitucional, “nin sequera existe unha orientación específica e con acceso á páxina web da Secretaría de Igualdade”.

A deputada lembrou que o Pacto de Estado contra a violencia propiciará, en coordinación coas comunidades a implantación dun centro de atención 24 horas en cada provincia pero continuamos agardando, dixo, “con que dotación e recursos”.

Ante o aumento dos casos denunciados nos medios de comunicación de Ourense, dende o BNG, explicou a deputada, rexistramos diversas iniciativas para “impulsar o Protocolo novo no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para unha mellor e máis pronta actuación e detección” e o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña anunciaba que se estendería a todos os hospitais.

Neste sentido, incidiu que foron os medios de comunicación, unha vez máis, os que divulgaron a existencia de unha aplicación experimental do protocolo en Ourense pero non se produciu ningunha comunicación oficial por parte da Consellaría de emprego e igualdade ou dalgunha forza policial, criticou.

“É necesario e positivo que se impulsen protocolos de actuación entre todas as partes da cadea de atención e de forma específica para a violencia machista”, actuacións, dixo, que deben ir acompañadas de campañas de divulgación entre os diferentes axentes.

A deputada volveu a preguntar pola valoración da Xunta respecto do funcionamento do novo protocolo de violencia sexual impulsado no CHUO para os casos de submisión química e a evacuación de números de casos investigados nos últimos 3 anos.

Tras a intervención do Xerente do SERGAS, José Flores que anunciou que as mulleres vítimas deste delito contarán, nun futuro inmediato, cunha actuación garantista a deputada replicou que é resulta imprescindible incidir na “difusión social” de que a submisión química existe e que “hai protocolos e unha administración que atenderá a quen sufra esta violencia”.

Presas engadiu, que é necesario superar os prexuízos e afirmou que o “80% das agresións sexuais son producidas por persoas coñecidas”, sen embargo, contrariamente a esta realidade obxectiva, as enquisas apuntan que a idea máis popular é a do encarrapuchado na rúa e nunha noite escura. O protocolo debe ir na dirección de visibilizar a submisión química e a “conciencia de que isto acontece”.

A nacionalista remarcou que urxencias de Atención primaria, PACs e Centros de Información a Muller deben implicarse e para isto, dixo, é necesario incrementar a información dos e das profesionais sobre todo pola rotación nos servizos de urxencias e a inestabilidade nos propios servizos. “Hai que garantir a formación destes profesionais”, concluíu.