Segundo o Portavoz municipal dos nacionalistas Luís Seara, “por todos é sabida a falta de sensibilidade e mesmo a carraxe que a Jácome lle producen as celebracións e efemérides propias do país e máis se teñen unha compoñente cultural” e engade, “se xa é lamentábel que o Concello de Ourense non vaia desenvolver ningún acto ao longo de 2025 para conmemorar a celebración do ano Castelao como si se está a facer noutros Concellos do país, resulta aínda máis triste que nin tan sequera se programe na conmemoración dunha data institucionalizada como é o 17 de maio, Día das Letras Galegas”.
Para a fomación nacionalista “pérdese de novo unha oportunidade de divulgar, celebrar e dar a coñecer a nosa cultura e as nosas tradicións, as que nos fan ser o que somos, neste caso a través das cantareiras e a poesía popula oral, que serán homenaxeadas neste 2025. Jácome volve impor o seu criterio e en contra da súa proclamada liberdade, deixa á veciñanza unha vez máis, sen unha programación cultural e festiva ampla e diversa”.

