Tanto as rapazas coma os rapaces tiveron partido fóra da casa.
Así o primeiro encontro foi do feminino nas terras de Trazo contra o Estrela Vermelha F.G. Este partido foi desputado dende o primeiro momento ate o último. Malia todo as nosas non conseguir alzarse cos dous puntos. Cun resultado final de Estrela Vermelha F.G. 40 vs Auriense Campus da Auga F.G. 37.
Pola tardiña xogaría o combinado masculino contra a amálgama de Lume de Beltane/Independiente F.C. así este partido sería dominado polo equipo local dende a primeira parte ata o remate do encontro. Supondo deste xeito a primeira derrota do equipo ourensán na liga. Cun marcador final de Lume de Beltane/Independiente F.C. 29 vs Auriense Campus da Auga F.G. 20.