Ourense Provincia

Allariz reforza a xestión de residuos con novos servizos de compostaxe e reciclaxe.

O Concello de Allariz continúa avanzando no seu compromiso coa xestión sostible dos residuos, coa creación dunha nova zona de compostaxe comunitaria destinada a dar servizo á área do camping, que eleva a 24 o número total de zonas de compostaxe comunitaria existentes no municipio.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Allariz reforza a xestión de residuos con novos servizos de compostaxe e reciclaxe.
Allariz reforza a xestión de residuos con novos servizos de compostaxe e reciclaxe. | onda cero

Esta actuación súmase ao impulso continuado da compostaxe doméstica, coa distribución ao longo deste pasado ano 2025 de 100 novos composteiros particulares, fomentando a separación na orixe e a implicación directa da cidadanía na redución de residuos.

Allariz conta ademais cun Punto Limpo e Punto de Recuperación Municipal, que facilita a correcta xestión de residuos especiais, voluminosos e reutilizables, promovendo a economía circular e a redución de residuos destinados a vertedoiro. A este servizo engádese o Punto Limpo Móbil, que percorre periodicamente os distintos núcleos do municipio, facilitando o acceso da cidadanía á separación correcta dos residuos con independencia do lugar de residencia.

Grazas a este conxunto de políticas públicas, Allariz presenta bos datos en reciclaxe, compostaxe e separación de residuos, cunha evolución positiva e sostida ao longo dos anos, froito dun modelo baseado na proximidade dos servizos, na educación ambiental e na corresponsabilidade cidadá. O municipio foi pioneiro en Galicia na implantación de sistemas avanzados de xestión de residuos, converténdose nun referente a nivel autonómico.

Client Challenge

Estas actuacións consolidan a aposta do Concello de Allariz por un modelo ambientalmente responsable, eficiente e orientado á mellora continua, contribuíndo á protección do medio ambiente e á calidade de vida da veciñanza.