Motor

Alberto Meira e Avelino Martinez gañadores do Rallye Ribeira Sacra

Alberto Meira e Avelino Martínez, aos mandos do Skoda Fabia R5, foron os vencedores da undécima edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra, oitava cita puntuable para o Campionato Galego da modalidade.

Óscar Gómez

Ourense | 18.09.2023 07:50

Alberto Meira e Avelino Martinez gañadores do Rallye Ribeira Sacra
Alberto Meira e Avelino Martinez gañadores do Rallye Ribeira Sacra | onda cero

Meira e Martínez non deron opción aos seus rivais durante toda a fin de semana e marcaron un ritmo que ningún dos seus rivais foi quen de seguir. Desta forma, o piloto de Vincios, continúa con opcións de ser campión galego, á espera do que sucedan nas dúas últimas citas do certame.

O segundo lugar do podio, no seu retorno ao certame rexional nun Skoda Fabia R5 logo dun breve parón despois de vender o seu Hyundai I20 R5, foi para Luis Vilariño e Enrique Salgueiro. Completaron os tres primeiros postos da clasificación Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera, que perderon as súas opcións de ser segundo clasificado despois dunha saida de estrada na que se deixaron case medio minuto.

No cuarto lugar da clasificación xera da proba situáronse Iago Caamaño e Alberto Rodríguez (Ford Fiesta MKII Rally2), mentres que o quinto foi para José Lamela e Néstor Casal, que ademáis de auparse ao primeiro posto da Top Ten Pirelli Driver Autia B e a Gara N5, conseguiron os puntos para ser campións de ambos certames matemáticamente.

Dentro dos formatos promocionais, primeira victoria da súa curta traxectoria deportiva para Raúl Delgado e Carlos Nóvoa, que se impuxeron na Top Ten Pirelli Driver Autia C.

Na Pirelli AMF, nova victoria para Marcos Rodríguez Sanromán e Unai Conde aos mandos do Citroën C2, co que tamén lograron o título. Tamén sumaron os puntos precisos para ser campións do Volante FGA, Joaquín Pérez e Adrián Muñiz, nun triunfo con primeiro posto en Ourense. Na PXP, o título marchouse para Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey, que firmaron unha excelente victoria na cita ourensá que os convirte nos novos becados PXP para a tempada 2024.

No Clio Trophy Galicia, dominio para Diego Félix e Raquel Rodríquez, que superaron a Joaquín e Borja Rasilla e a Alberto Rielo e a Diogo Rodríguez. Por último no Criterium Recalvi, victoria final para Adrián Vázquez e Melisa Lorenzo, que tamén se alzaron coa Beca 24 que os levará a competir cunha beca da FGA na próxima tempada.