Turismo Deportivo

Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición da “Gladiator Race”

Os interesados en participar poderán anotarse neste evento deportivo organizado polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, que terá lugar o 22 de outubro en Muiños.

Óscar Gómez

Ourense | 21.09.2022 08:49

Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición da “Gladiator Race”
Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición da “Gladiator Race” | onda cero

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a terceira edición da “Gladiator Race” que abre o seu prazo de inscrición para que poidan anotarse nesta proba que desafiará aos mellores corredores do ámbito nacional. A “Gladiator Race” volve a nosa provincia e faino cun formato único en España neste 2022, ofrecendo aos participantes un percorrido de 5 quilómetros e con máis de 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis. E, todo elo, desenvolverase no complexo turístico do Corgo, en Muíños, en pleno corazón do Parque Nacional do Xurés.

Gladiator Race
Gladiator Race | onda cero

O evento, que xa foi todo un éxito no 2021, celebrarse o vindeiro 22 de outubro en horario nocturno, a partir das 20.00 horas, polo que os participantes estarán obrigados a levar frontal luminoso xa que o 90% do percorrido estará sen iluminar. Trátase dunha experiencia que está aberta a todo tipo de público e que se poderá disputar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

Os interesados en participar poderán anotarse a través da páxina web: |||www.gladiatorraceoficial.es