Un grupo de mulleres da Escola de Trail de Ourense convocou ás oito e media da tarde deste martes 18 de decembro unha concentración na cancha exterior do pabillón dos remedios baixo o lema “Soy libre para correr” co que pretenden reivindicar o dereito a sair a correr sen perigo e denunciar que feitos coma o acontecido en Huelva co presunto asesinato da xove profesora Laura Luelmo son "intolerables". Unha das impulsoras da iniciativa, Elena Pérez relataba en Onda Cero Ourense que a idea xurdiu nunha conversa ca sua filla que logo trasladou ao grupo de corredoras do whatssap tras sentirse "triste e indignada ca noticia". Elena Pérez reclama cambios sociais e tamén no tratamento da información e pide rematar xa cos medos que sinten moitas mulleres que son sinaladas pola propia sociedade cando saen a correr soas.
Na concentración gardarase un minuto de silencio por Laura para posteriormente iniciar un adestramento de running en dirección a Oira cruzando a pasarela e regresando pola ponte romana cara o exterior do pavillón onde darán lectura ao manifesto “soy libre para correr”.