Cun menú a base de empanada de carne, carne ao caldeiro e richada, viño da DO Ribeira Sacra e bica, todos os que se acheguen o vindeiro 12 de outubro a Montederramo poderá gozar do produto estrela desta zona. “Somos un concello gandeiro e esta festa nace co obxectivo de celebrar xuntos e promocionara a nosa carne de tenreira”, explicaba o rexedor municipal, Antonio Rodríguez.
Pero ademais deste luxo da gastronomía galega, Montederramo ten moitos outros atractivos que a fan un destino único para os visitantes. OMosteiro de Santa María, as súas rutas de sendeirismo pola Serra de San Mamede e o Bidueiral de Montederramo fan que “os que nos visitan se vaian abraiados”, comentaba o alcalde. “Montederramo é un concello para visitar calquera día do ano”, concluía.


