Municipal

Marcos Nogueiras será o novo Alcalde de Vilar de Santos

Foi respaldado por unanimidade no seno do BNG

Paco Sarria

Ourense |

Marcos Nogueiras será o novo Alcalde de Vilar de Santos
Marcos Nogueiras será o novo Alcalde de Vilar de Santos | onda cero ourense

A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego de Vilar de Santos acordou por unanimidade propor a Marcos Nogueiras Rodríguez, de 41 anos, como novo alcalde do concello.

Marcos Nogueiras é actualmente tenente de alcalde do Concello de Vilar de Santos e responsable comarcal do BNG Arnoia-A Limia. Enxeñeiro Industrial de formación, conta con dous másteres e rexenta unha explotación agraria no propio municipio.

O que será novo alcalde agradeceu a confianza depositada nel pola organización, asegurando que afronta esta nova etapa “con moita ilusión, responsabilidade e compromiso co proxecto colectivo do BNG, que demostrou ser útil para mellorar a vida da nosa xente e consolidar un modelo de concello sostible, participativo e vivo”.