O gaiteiro de orixe ourensán, Carlos Nuñez, foi convidado hoxe á tertulia de Onda Cero Ourense, recén chegado dunha xira americana e con motivo da sua próxima actuación no Auditorio Municipal o próximo 17 de decembro. Nuñez contou que está traballando nunha peza homenaxe ó falecido Nelson Mandela e salientou que a gaita galega é chave para unir as músicas latina e saxona. A folga dos médicos ou os incendios forestais en pleno decembro formaron parte tamén dunha tertulia na que participaron, con Paco Sarria, Pepe Araujo, Miguel Diéguez, Victor Rodríguez e Javier Fraiz.
Locos por Incordiar, Tertulia de actualidad