Juan Ferreira candidato a alcaldia O Bolo
Os socialistas estrean un candidato moi coñecido e querido entre a veciñanza, cun proxecto futurista e modernista baixo o lema O Bolo 2025
O PSdeG PSOE de Ourense confirma o seu cuarto candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de O Bolo elexiu a Juan Ferreira, popularmente coñecido coma Juan de O Bolo, como o seu candidato a alcaldía da localidade. O novo candidato chega cun proxecto ambicioso para acadar a alcaldía dunha vila paralizada polo PP Juan Ferreira explica que se presenta as eleccións porque “queremos o noso pobo e temos un proxecto para despertalo da parálise e o letargo no que o sumiu o Partido Popular. O noso equipo vai transformar O Bolo para recuperar esta vila dentro da comarca”. O novo voceiro socialista remarcou que “temos que xerar emprego para fixar poboación nun concello no que a xenbte está cada vez máis triste, xa que deseguir nesta dinámica, moitos dos nosos pobos desaparecerán en 4 anos”. O candidato socialista apunta que “presentaremos unha lista moi ampla, que destaca pola gran presenza de mulleres, que son máis da metade e con moitas gañas de traballar en tódolos ámbitos e especialmente no turismo, tan abandoado polo PP, a pesares de contar con recursos únicos coma o Castelo, o santuario das Ermidas ou o viacrucis, o segundo máis importante de Europa tralo de Braga”.