O Inorde da a coñecer a profesionais portugueses a súa aposta pola recuperación das razas autóctonas
O obxectivo principal desta visita foi coñecer a raza e as súas posibilidades comerciais no país veciño
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, recibiu hoxe a responsables da empresa portuguesa AIM CIALA e con técnicos do Instituto Politécnico de Coimbra-Escola Superior Agraria co fin de dar a coñecer a forte aposta do Inorde pola recuperación das razas autóctonas. Posteriormente, visitaron a explotación de Porco Celta que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico ten en Armariz- Nogueira de Ramuín, acompañados polo veterinario do Inorde, Bernardino Domínguez.
Joao Santiago e Sonia Girante, responsables de AIM CIALA, empresa dedicada á recollida de seme de porcino e que conta na actualidade con 50 sementais de Porco Bisaro (Raza Autóctona Portuguesa), xunto con Rui Ferreira e Roberto Costa, técnicos do Instituto Politécnico de Coimbra- Escola SuperiorAgraria, puideron coñecerin situas condicións e características da granxa de Armariz e o porco celta en concreto. Na visita estiveron acompañados tamén por Javier Carballo, profesor da Universidade de Vigo.
O obxectivo principal desta visita foi coñecer a raza e as súas posibilidades comerciais no país veciño. O Inorde, dentro do convenio que mantén coa Consellería do Medio Rural, continúa a apostar dende fai anos pola recuperación das razas autóctonas de Galicia.