O goberno do estado tamén pon en mans da fiscalía o presunto fraude das depuradoras na deputación de Ourense

O ministro de facenda, Cristobal Montoro admitiu hoxe que houbo irregularidades no proceso de adxudicación de 103 depuradoras na deputacion de ourense e confirmou que o goberno central xa puxo en coñecemento da fiscalía xeral do estado.

ondacero.es

Ourense | 27.11.2013 14:09

Laura Seara
Laura Seara, deputada do psoe | Arquivo

O ministro de facenda, Cristobal Montoro admitiu hoxe que houbo irregularidades no proceso de adxudicación de 103 depuradoras na deputación de Ourense e mesmo nas asesorías técnicas e confirmou que o goberno central xa puxo en coñecemento da fiscalía xeral do estado o informe remitido pola oficina de loita contra o fraude da Unión Europea ao tempo que se iniciaron os expedentes de solicitude de devolución dos fondos utilizados. A deputada socialista, Laura Seara aseguraba hoxe tras interpelar ao ministro que en Ourense "temos un novo caso Fabra" e acusaba ao PP de pretender "encubrir" aos responsables que para a socialista son o ex presidente da deputacióin José Luis Baltar e o ex vicepresidente e actual delegado da xunta Rogelio Martinez, ambos do partido popular. Seara expresou a sua disconformidade ca a reforma local que plantexa o goberno se con elo se vai avalar o proceder de deputacións coma a de Ourense e insiste na necesidade de que se depuren responsabilidades políticas por este presunto fraude