Ourense Cidade

Feministas ourensáns chaman á folga o 8-M

O colectivo feminista Galegas 8-M Ourense fixo un chamamento para que o vindeiro 8 de Marzo, Dia internacional da muller

ondacero.es

Ourense |

feministas ourensanas | onda cero

O colectivo feminista Galegas 8-M Ourense fixo un chamamento para que o vindeiro 8 de Marzo, Dia internacional da muller, as mullres ourensáns se sumen novamente a unha “folga no ámbito laboral, de coidados, de consumo e estudantil”. Para Ximena González será a mellor forma de visibilizar o papel social das mulleres nunha xornada que volverá a servir para “reivindicar os seus dereitos nun marco de pluralidade e diversidade”. O lema do 8 de Marzo será este ano “por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista” e homenaxeará ás mulleres de Ferrolterra que en 1918 iniciaron unha revolta contra a situación económica que padecían.

A manifestación nacional celebrarase o domingo 3 de Marzo en Lugo e servirá coma lanzadeira das manifestacións que se farán o 8 de marzo nos distintos concellos galegos entreles o de Ourense. Na capital ourensá o 8 M convocase concentración á unha do mediodía na Praza Maior á que seguerá un xantar colectivo. Posteriormente ás oito da tarde convocouse unha manfiestación que sairá dende a subdelegación do goberno. Galegas 8 M fará uns encontros preparatorios percorrendo barrios e concellos de Ourense que comezan en Seixalbo o mércores 6 ás seis e media da tarde.