Unha muller de 38 anos faleceu nas últimas horas victima dun atropelo na capital ourensá. O suceso aconteceu na rúa Otero Pedraio cando a muller cruzaba por un lugar non habilitado para peóns e foi alcanzada por un turismo. A vitima foi trasladada ao complexo hospitalario de Ourense en estado crítico, falecendo horas despóis segundo informou a Policía Local de Ourense.