O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor puxo en valor o éxito do Plan de Lectura salientando que en tódalas librerías adheridas foron canxeados bonos.
Menor salientou a dinamización do comercio local e o respaldo ás librerías da provincia, explicando que foron xerados perto de 18.500 bonos dos que perto de 15 mil xa foron canxeados xerando unha facturación superior ós 250 mil euros.
O Plan de Lectura contou coa colaboración do Concello na cidade e segundo o titular da Deputación vai a seguir tendo continuidade.

