O Centro Comercial Aberto Couto Centro presenta a súa campaña de verán, na que convidan aos ourensáns a “ccoutear” por este barrio e dentro da cal se ofrecerá a veciños e clientes xornadas repletas de actividades e animación.
Noite Tola
A campaña botará a andar o 27 de xuño coa primeira “Noite Tola”, durante a cal os establecementos do Couto estarán abertos ata as 23.30 horas e ofrecerán descontos, pinchos e boa música. Todo animado con zancudos, charanga, zona DJ, fotoccouting e ata 1.000 euros en vales de compra para mercar ese día nos negocios adheridos á promoción.
Semana “Fai ccouting”
Do 30 de xuño ao 6 de xullo celébrase a Semana “Fai ccouting, durante a cal continuarán os grandes descontos, os establecementos permanecerán abertos ata as 10 da noite e celebrarase un concurso de pinchos. Ademais, terán lugar diversas actuacións a partir das 20.30 horas. Así, o luns e o mércores haberá unha gaiteirada da man de Queixumes dos Pinos; o martes actuará unha charanga xunto á Coral Ceibe; o xoves esta coral ofrecerá un concertó na Capela do Santo Anxo; e o venres a praza Pedro Monteagudo acollerá teatro, tunas e o concertó de Ménage á Trois.
Tai Chi
E como todos os anos non faltarán as clases de tai chi. Serán martes e xoves do 1 ao 15 de xullo de 8.30 a 9.30 horas no Parque Barbaña.