Áurea Soto asume as competencias de Rodríguez Penín

Os edís criticos do psoe piden a devolución de competencias a Rodriguez Penín

Catro dos cinco concelleiros socialistas que protagonizaron o plante plenario da semana pasada fixeron un escrito no que solicitan ao alcalde, Agustín Fernández que devolva as competencias ao edil Antonio Rodriguez Penín ao que reiteran o seu apoio, asegurando que non entenden con qué intención foi relevado.

ondacero.es

Ourense | 19.12.2013 07:47

antonio penin
antonio penin | onda cero

Catro dos cinco concelleiros socialistas que protagonizaron o plante plenario da semana pasada fixeron un escrito no que solicitan ao alcalde, Agustín Fernández que devolva as competencias ao edil Antonio Rodríguez Penín ao que reiteran o seu apoio, asegurando que "non entenden con qué intención foi relevado dado que gobernan en minoría". No escrito asinado polas edis pachistas Maria Devesa, Mónica Vázquez, Susana Bayo e  Alfonso Vilachá reiteran con urxencia unha xuntanza co alcalde para que se recupere o "diálogo" e a "cordura" e lembran que ainda que van a seguir cumplindo cas funcións derivadas dos cargos, non acudirán ás xuntanzas de grupo. No escrito dos edis críticos aseguran que as suas decisións "non son persoais nen perversas" senon que o que buscan é salvaguardar o nome da institución "evitando escándalos xudiciais" e defender o bo nome da institución e do partido socialista. Os edis afirman que pretenden seguir sendo "leais" á cidadania e insisten na necesidade de buscar a "viabilidade" ao grupo municipal. Nas vindeiras horas poderian acudir a unha xuntanza propiciada pola dirección galega do partido.

Onte o alcalde Agustín Fernández delegaba na edil Áurea Aoto as competencias en infraestructuras, augas, saneamento e alumeado público que xestionaba Rodriguez Penín . Soto tamen presidirá a xunta de área de servizos sociais en siustitucion do ex edil Pedraio Martínez. Ademáis a nova edil Juana Ageitos foi designada na presidencia da xunta de área de emprego e promoción económica e Susana Bayo na de medio ambiente.

BNG e Democracia Ourensana queren disolución da corporación e eleccións anticipadas. Os nacionalistas rexistraron unha petición de pleno extraordinario e DO acudiu ao estadoe e Xunta. Mentres o pp ofrecese a gobernar en minoría e o voceiro Rosendo Fernández calificaba coma "carta aos reis magos" a petición rexistrada polo BNG.