As Festas de Ourense 2025 viven hoxe, xoves, 19 de xuño a súa segunda xornada cunha programación formada pola actuación de Gramola DJs (Ballesteros, Pablo Marques e Diego Mirón), de 23.00 h a 03.00 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios, xunto coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense no Parque de San Lázaro, o mercado medieval nos exteriores do Pavillón dos Remedios, as atraccións festivas na zona do Parque Barbaña, e a xincana de inchables no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).
PROGRAMA DAS FESTAS DE OURENSE - XOVES 19 DE XUÑO
· 11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro.
Feira do libro de Ourense.
Programa da feira: https://ourense.gal/media/filer_public/15/93/1593f7b9-57b4-44e7-a6e2-898345b86d73/programa_feira_do_libro.pdf
Ademais, durante a feira, realizaranse actividades relacionadas coa reciclaxe: teatro, obradoiros, contacontos, maxia, recital poético, xogos e moito máis, nunha acción conxunta de Feiras do Libro de Galicia, Ecourense e o Concello. Toda a información en: [[LINK:EXTERNO|||https://ourense.gal/media/filer_public/8b/9f/8b9f446d-b354-4bde-815a-ba2a740ffd77/reciclaxe_actividades.pdf|||2025-06 residuos tótem copy]]
· 11.00 a 00.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios
Mercado medieval (abrirá todos os días de 11.00 a 00.00 h, agás o domingo, que rematará ás 23.00 h, con actividades e pasarrúas de 11.00 a 23.00h)
Programa do mercado: https://ourense.gal/media/filer_public/51/00/5100545a-7a86-4468-85e2-1a54199523f3/programa_mercado_medieval.pdf
· 18.00 a 21.00 h. Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).
Xincana de inchables.
· 19.00 a 2.00 h. Parque Barbaña.
Atraccións
· 23.00 a 03.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios
Gramola DJs: Ballesteros, Pablo Marques e Diego Mirón
Cortes de tráfico.
A programación de actividades das Festas de Ourense ocasionará cortes de tráfico mañá en varias rúas da cidade:
- Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño.
- Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, desde as 19.00 h.
Toda a información sobre os cortes de tráfico das Festas en: