Garda Civil

Detectado un conductor de transporte escolar que deu positivo en drogas

Transportaba 3 escolares cando foi detido nun control

Paco Sarria

Ourense |

Detectado un conductor de transporte escolar que deu positivo en drogas
Detectado un conductor de transporte escolar que deu positivo en drogas | onda cero ourense

A Garda Civil de Ourense, durante unha campaña de control sobre o transporte escolar detectou a un conductor que deu un resultado positivo no consumo de cocaína e benzodiacepinas.

Informado hoxe, os feitos ocorriron o pasado día 14 cando o autobús circulaba transportando 3 escolares de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.

O conductor deberá afrontar unha sanción administrativa de alomenos mil euros e a detracción de 6 puntos do carnet.

Dende o Subsector de Tráfico advirten que este tipo de conductas son casos aillados e puntuais e que o transporte escolar segue a ser un dos medios de transporte máis seguros.