Municipal

Desconvocada a folga de recollida de lixo en Ourense

Por 5 votos contra 4 a CIG considera que foi unha traizón

Paco Sarria

Ourense |

Huelga de recogida de basuras en A Coruña
Huelga de recogida de basuras en A Coruña | Onda Cero

In extremis foi desconvocada a folga indefinida convocada no servizo municipal de limpeza e recollida de lixo que realiza en precario a empresa Ecourense.

O goberno municipal de Democracia Ourensana informou na mañá do venres que tras unha reunión coa mediación do Alcalde diante dos delegados sindicais, acadouse o acordo coa oposición da CIG (4 delegados) por 5 dos restantes sindicatos (UXT, CCOO, STL, CGT e USO).

Para o secretario comarcal do sindicato nacionalista foi "unha traizón" da maioría dos delegados do comité a asamblea que o xoves votou maioritariamente pola folga indefinida e que agora non foi consultada para un acordo que xa fora rexeitado.

En cambio o Alcalde dixo que o acordo é bo para os traballadores e para a cidade onde a folga ía a coincidir coa celebración do Entroido.

Sobre a desconvocatoria da folga no servizo de recollida de lixo a voceira socialista, Natalia González dixo que non lles sorprende o desenlace xa que o modus operandi do Alcalde é xerar conflictos, enredar máis o problema e finalmente para erexirse como responsable da solución.

En todo caso din alegrarse pero reprenden ó Alcalde por non manter un diálogo permanente cos traballadores para non ter que chegar a estos extremos.