8M

A Deputación de Ourense adica campaña ó Servizo de Axunda no Fogar

Personifican en Teresa de Jesús Rodríguez González

Paco Sarria

Ourense |

A Deputación de Ourense adica campaña ó Servizo de Axunda no Fogar
A Deputación de Ourense adica campaña ó Servizo de Axunda no Fogar | onda cero ourense

A Deputación de Ourense, a través da Área de Igualdade, e continuando co programa “8M, Mes a Mes”, pon en valor en agosto a figura das auxiliares de axuda no fogar e a labor esencial que realizan para os nosos maiores e persoas con discapacidade. Deste xeito, a Deputación dá visibilidade ao asasinato de Teresa de Jesús Rodríguez González, auxiliar de axuda no fogar no concello do Porriño, Pontevedra, que foi agredida por un usuario ao que prestaba servizo.

Para poñer nome e cara a esta figura participan nesta edición do “8M, Mes a Mes” as auxiliares de axuda no fogar do Concello de A Bola, xestionado polas traballadoras sociais Paula Blanco e Lucía Plaza. O lema seleccionado para este mes foi: “As gardiás invisibles do benestar”. Así, os profesionais que forman parte da Axuda no Fogar de A Bola son María del Carmen Alonso, María del Carmen Luaces, María del Carmen Alvela, Mari Cruz Losada, Asunción Ramírez, Jacobo García, Amaya Ravelo, Manuela Fernández e Victoria Salgado.

O SAF (Servizo de Axuda no Fogar) é un servizo que ofrece apoio e acompañamento ás familias, especialmente a aquelas con menores ou persoas con discapacidade, así como persoas maiores, para axudarlles no seus coidados e que poidan desenvolverse no día a día cun apoio no fogar.