A Deputación de Ourense presentou o Plan de Actuación Integrado de Ourense Sur como unha estratexia única, coordenada e común para mellorar a vida das persoas.
O presidente, Luis Menor, presentou os detalles deste PAI, que lidera a Deputación, xunto ó subdelegado do Goberno, Eladio Santos, e a Alcaldesa de San Cibrao das Viñas e o Alcalde de Barbadás, Marta Nóvoa e Xosé Carlos Valcárcel, salientando todos eles a importancia da cooperación institucional para a consecución de proxectos importantes coma este.
O investimento deste plan supera os 7 millóns de euros.

