O PP denuncia que o goberno ourensá abrirá a Casa da Maxia sen permiso de "ludoteca"

Os populares criticaban de novo a apertura da Casa da Maxia por non cumplir esta finalidade e poñer supostamente en risco os fondos europeos destinados ao proxecto pero ademáis aseguraban que se pretende abrir coma ludoteca sen contar cos correspondentes permisos

ondacero.es

Ourense | 09.01.2014 14:32

O PP denuncia que o Concello abre unha ludoteca sen permisos
Belén Iglesias e Rosendo Fernández (edis do PP ourensá) | Xesús Álvarez

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense denunciou hoxe que o goberno socialista ourensá vai abrir ao público a denominada "Casa da Maxia" sen permiso para usala como lúdoteca. A edil Belén Iglesias denunciou que os socialistas están nunha deriva administrativa e de goberno que pode poñer "en risco a seguridade dos cidadáns" abrindo esta infraestructura sen cumplir os requisitos que demanda a Xunta de Galicia para convertilo nunha ludoteca. Os populares tamén amosaron a sua preocupación pola posible perda dos 400.000 euros de fondos europeos consignados para o proxecto inicial da Casa da Maxia.