O PP denuncia que o Goberno Municipal gaste o 77% do orzamento da Molinera en vixiancia

Foron utilizados neste concepto máis de 240.000 euros, polo que os populares denuncian aos socialistas de “facer estragos” nas arcas municipais.

ondacero.es

Ourense | 26.06.2014 08:45

aurelio gomez villar
aurelio gomez villar | onda cero

“A inoperancia do Goberno Municipal de Ourense continúa facendo estragos no que ás arcas e ás infraestruturas municipais se refire”, así de rotundos se mostran no Partido Popular de Ourense en relación á reanudación das obras da Molinera.Segundo lembran os populares, pese a que na Xunta de Goberno Local do pasado 15 de maio se adxudicaran, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto modificado de finalización das obras “centro de coñecemento La Molinera” nada se sabe a día de hoxe no inicio destes traballos.

Por este motivo, o concelleiro popular Aurelio Gómez Villar vén de formular esta pregunta na xunta de área de Promoción Económica que tivo lugar este 25 de xuño. De feito, esa adxudicación conlevaba que as obras tiñan que estar rematadas no prazo de tres meses, algo imposible a xulgar polo estado das mesmas a día de hoxe.“O exemplo máis notorio da perniciosa inoperancia do goberno minoritario de Ourense tradúcese en que a incapacidade para reanudar as obras conleva que xa se teña consumido o 77% do que serían os 320.000€ orzamentados en contratar vixiancia privada no recinto. Un total de 240.000€ se teñen gastado neste concepto -a maiores do orzamentado e que se ten que executar- nunha obra pechada dende setembro de 2012”, explican dende o PP.

O PP tamén manifesta as súas dúbidas acerca de cómo se vai xestionar esa infraestrutura, dada a falta de persoal cualificado.


540.000 euros en material informático

Por último, lembran os populares que o gasto en vixiancia privada se une aos de 540.000€ en material informático, mercado en maio de 2011 e que leva tres anos almacenado e sen usar.