Municipal

O PP denuncia a falla de información do Concello de Ourense sobre a ZBE

Tamén denuncian a falla de información sobre os radares

Paco Sarria

Ourense |

Ana Méndez, voceira do grupo municipal do PP no Concello de Ourense
Ana Méndez, voceira do grupo municipal do PP no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do PP denuncia a falla absoluta de información á cidadanía en asuntos clave como a aplicación da Zona de Baixas Emisións ou os novos radares.

Para a voceira popular Ana Méndez, os veciños teñen dereito a saber que cambios van a vivir nas súas rúas, no tráfrico e nos accesos antes de que as medidas entren en funcionamento.

Poñen o acento en que non pode volver a pasar o mesmo que cando comezaron a funcionar as novas liñas de autobuses.

Os populares tamén preguntaron pola falla de novidades en relación coa reapetura da piscina termal de As Burgos, asunto sobre o que segue sen haber unha data oficial.