O deputado ourensá de Alternativa Galega de esquerda e militante de Anova, David Fernández Calviño deixou hoxe definitivamente o seu escano no parlamento de Galicia según confirmou en conferencia de prensa o voceiro nacional de Anova Irmandade galeguista Xosé Manuel Beiras tras días de polémica e pola negativa a deixar correr o posto da número dous por Ourense e militante de Izquierda Unida, Carmen Iglesias. Dende Age din estar dispostos a perder un deputado mentres manteñen ainda expectativas de que Iglesias mude a sua postura que mesmo pode implicar a expulsión de Izquierda Unida onde ten militancia histórica coma independente. Mentres Anova Ourense celebrou asemblea a pasada tarde na que acordou expresar un recoñecemento unánime ao traballo e adicacion do deputado ourensá Fernández Calviño así coma o compromiso adquirido con veciños e veciñas. Anova Ourense lamentou que un feito cotiá coma deberá ser unha subsitución ordinaria dun deputado se convertira nun espectáculo mediático e político alleo a esta organización. Particularmente a organización cuestiona o comportamento do pp ao que acusa de aproveitar un tema interno deste partido, para eludir responsabilidades de goberno nun momento no que o país se atopa nunha situación de pobreza provocada polas suas políticas.