O conselleiro de educación, Xesús Vázquez asinou cos responsables de 40 centros de ensino de Ourense os contratos-programa educativos aos que se destinarán 387.000 euros, un 16,2 % máis que no ano anterior. O conselleiro resaltou o esforzo de centros coma o IES Cidade de Antioquia de Xinzo ou Ceip Vistahermosa de Ourense porque desenvolven ata tres liñas de actuación da convocatoria sumándose tamén a orientada á mellora da calidade de xestión nos centros que se incorpora neste curso 2013-2014 coma novidade. Na presente edición dos contratos programa hai cinco centros novos na provincia e incorporaranse 8 docentes máis. Está previsto que os centros desenvolvan ate 69 actuacions entre as que se atopan reforzo, orientación e apoio escolar, o que segundo o Conselleiro, Xesús Vázquez redundará na mellora da excelencia educativa e na reducción do abandono escolar. Vázquez amosabase satisfeito do éxito acadado con esta terceira convocatoria dos contratos-programa e agradecía ao persoal dos centros a sua implicación e esforzó coas axtividades extraescolares