Municipal

Convulsión no socialismo ourensán tras un pleno con apoio a DO

O edil Vázquez Barquero formalizou a súa demisión

Paco Sarria

Ourense |

José Angel Vázquez Barquero
O edil de economía do concello de Ourense , Vázquez Barquero en rolda de prensa | Xesús Álvarez

Convulsión no seno socialista ourensán que coñecía onte a demisión do veterán edil Vázquez Barquero por motivos laboráis pero xusto despois de que suas compañeiras votaran por primeira vez a favor no concello dunha modificación de creto por máis de 25 millóns de euros para obras (algunhas das que están financiadas con fondos estatais, que é a explicación que deron para ese respaldo).

A nova sorprendeu xa que viña sendo tradicionalmente o PP o que, coa sua abstención, permitira a Democracia Ourensana sacar adiante este tipo de puntos.

Barquero formalizou a súa renuncia como edil en sede electrónica.