As protestas dos agricultores e gandeiros continuarán hoxe en Ourense onde ameazan con colapsar a circulación despois de participar onte na Cabalgata de Reis e de bloquear a porta de acceso á Subdelegación do Goberno.
Nas últimas horas os nacionalistas veñen de expresarlles o seu apoio.
Así, a eurodeputada Ana Miranda denuncia que o acordo entre a Unión Europea e Mercosur é moi perxudicial para o sector agrogandeiro galego, afirmando que non respaldarán ningún tratado que venda o campo nin que someta ós productores a unha competencia desleal.
Do mesmo xeito o deputado nacionalista no Parlamento de Galicia, Secundino Fernández advertíu que tanto o acordo entre a UE e Mercosur como a nova PAC suporán unha reducción importante dos fondos europeus adestiñados ó agro galego, poñendo en risco o futuro do medio rural e a remuda xeracional.

