Sanidade

Continúa a presión asistencial nos hospitais galegos

No hospital de Ourense xa non hai camas

Paco Sarria

Ourense |

Socialistas esixen melloras no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Socialistas esixen melloras no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense | onda cero ourense

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño admitíu en Valdeorras a presión asistencial de varios días nos servizos de urxencias de toda Galicia, e anticipou que a folga de médicos pode tamén afectar á asistencia.

Á súa vez o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Santiago Camba, declarou que a presión asistencial alta correspóndese coa época do ano como consecuencia das infeccións respiratorias e foi semellante a do ano precedente e engadíu que no CHUO xa non hai camas dispoñibles.

En todo caso explicou que foi aplicado un plan de contixencia de inverno que incluíu a habilitación de espazos extraordinarios, anque recoñeceu que faltan 80 camas correspondentes ó Materno-Infantil-

Camba tamén dixo que traballan na cobertura de prazas en zonas difíciles de cubrir.