A conselleira Anxeles Vázquez fixo hoxe a sua primeira visita a Ourense dende que adquiriu as competencias en política de vivenda e foi para visitar as oito vivendas de promoción pública ubicadas na rúa Fermín Bouza Brey no barrio de Covadonga que serán adxudicadas en réxime de alugueiro o vindeiro 28 de Novembro. Anxeles Vázquez lembrou que na actualidade son 16 as vivendas destas características que están en marcha tamén no casco histórico de Ourense e nas que a inversión ronda os 2,9 millons de euros. Asemade este mesmo mes a Xunta adquirirá novas vivendas para rehabilitar no casco vello cunha inversión de 800.000 euros. Esta mesma semana vaise asinar o contrato de adxudicación para reformar a alameda de A ponte cuna inversión que rondará os 250.000 euros ao abeiro do Plar Hurbe.
O alcalde de Ourense, Xesús Vázquez agradeceu tanto o respaldo da anterior conselleira de vivenda, Ethel Vázquez coma o da nova Anxeles Vázquez ao considerar que están a propiciar actuacións urbanísticas moi positivas para a cidade. Precisamente a nova conselleira de vivenda remarcou que Ourense será "punto de atención prioritaria" para o gobenro galego que quere tentar atender toda a demanda de vivenda existente.