Entroido

O Concello de Ourense recúa e celebrará Comadres e Compadres escolares

Celebración conxunta o 27 de fevreiro na Praza Maior

Paco Sarria

Ourense |

O Concello de Ourense recúa e celebrará Comadres e Compadres escolares
O Concello de Ourense recúa e celebrará Comadres e Compadres escolares | madrid actual

Días despois de escoitar as críticas e demandas da oposición, e colectivos educativos e culturais, o goberno municipal de Democracia Ourensena recúa e anuncia que celebrará (iso si, conxuntamente) os xoves de compadres e comadres escolares, o xoves 27 de fevreiro pola mañá, na praza maior, como era tradición.

Previamente haberá obradoiros nos colexios para a elaboración dos mecos, e de elaboración de máscaras en cartolina sobre os principais entroidos da provincia.

Os socialistas expresaron o seu agradecemento ó goberno local polo cambio de posición e piden, despois da receptividade amosada á súa demanda, que agora sexa convocado o Consello Municipal de Igualdade para abordar e debater as actividades do 8M, pero a socialista Natalia González critica que non haberá actividades de conciliación nos centro cívicos en periodos non lectivos, o que perxudica, especialmente, a mulleres con menos recursos económicos.