O concello fai balance positivo do Festival de Cine ao que asistiron 9.383 persoas

Perto de 9400 persoas asistiron a algunha das proxeccións ou actos da decimoitava edición do festival de cine de Ourense según o balance realizado hoxe polos organizadores que destacan a sua "satisfacción" porque se superou o reto que supuña centralizar a maior parte das proxeccións no auditorio municipal e remontar un ano marcado polos recortes orzamentarios.

ondacero.es

Ourense | 26.11.2013 13:18

Balance Festival de Cine de Ourense
Nora Sola, Ana Garrido e César Silva | Xesús Álvarez

Perto de 9400 persoas asistiron a algunha das proxeccións ou actos da decimooitava edición do festival de cine de Ourense según o balance realizado hoxe polos organizadores que destacan a sua satisfacción porque se superou o reto que supuña centralizar a maior parte das proxeccións no auditorio municipal. A edil de cultura, Ana Garrido confirmou que o concello de Ourense seguirá apostado por este evento cultural no que hai datos evidentes de que o público foi receptivo e de que un ano mais Ourense convertiuse en referencia para o audiovisual galego. O director de programación do festival, César Silva afirmou que o OUFF pasou a “reválida” e está "consolidado". Tamén se amosou "sorprendido" pola resposta do público ao que notou especialmente participativo nos filmes de competición. Para César Silva tamén foi un reto o cambio de esceario xa que por primeira vez non se proxectou nas salas comerciais pero tamén foi destacable sair adiante cun formato marcado polos recortes orzamentarios e que buscou dar máis facilidades aos espectadores para ver o maior número de proxeccions posibles.

Segundo a valoración do público, o filme máis visto foi OUFFLINE que levou precisamente o premio do público, seguido de El Rauyo e El triste Olor de la Carne. Os organizadores destacaron tamén os 520 asistentes aos concertos no Tragaluz.