A Concellería de Cultura dispón 400 entradas -gratuítas- para a Gala de Reis, este domingo 6 de xaneiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal. Logo de esgotarse as primeiras 400 entradas dispoñibles a través do portal ataquilla.com, o despacho de billetes do Auditorio repartirá, o propio día desde dúas horas antes do comezo do espectáculo -é dicir, desde as 17:30 horas- o resto das entradas dispoñibles.
O espectáculo será unha Gala de Ópera italiana e francesa, con máis de 140 artistas no escenario interpretando pezas de Rossini, Verdi, Donizetti Mozart, Ponchieli, Bizet, Delibes, Saint-Saëns e Offenbach. Dirixida por Diego Fortes, o elenco musical estará formado, entre outros, pola soprano Anabel Real, a mezzosoprano Nuria Lorenzo, o Coro I Bimbi Appassionati, o Coro Gli Appassionati e a Orquestra Sinfónica Talenta.